Concello
981500000 / 981500222 (Concellaría de Cultura)
www.concellodearzua.org
Coordinación xeral e rr.pp.
info@festadoqueixo.org
Ramón Roldán - 658 811 400
www.intanxibles.com
1º Premio no Concurso de Carteis, obra de Ana García Pardo.
Aquí vos quedan algunhas das imaxes dos concertos deste ano. Grazas a todos por asistir e gozar unha vez máis da Festa do Queixo! E podes ver tamén os vídeos no blog da festa!






Vaia inauguración e pregón espectacular que tivemos! Mirade o espírito e a enerxía de Teté Delgado no pregón e a continuación con Martín, o guitarra de Teté y los Ciclones.
A festa segue con Kase O Jazz Magnetism. As probas de son non puideron sair mellor e todo está listo en Arzúa, incluso o ceo azul e a boa temperatura!
Estiveron connosco, no recinto feiral, Ignacio Vilar, o seu director, e Rubén Riós o protagonista da peli, xunto con Sabela Arán, sorteando entradas para a estrea en Compostela.
'VILAMOR' é un filme rodado integramente en galego, con dirección, produción e equipo artístico e técnico galego. Estrearase en vilas e cidades de toda Galicia nas próximas semanas.
Data de estrea: o 30 de marzo en Lugo. A partir de aí irá percorrendo as salas de toda Galicia ata o 17 de maio, que será cando remate este periplo na cidade de Ourense. En cada localidade a película poderá verse durante dúas semanas, polo menos (dependerá da vosa asistencia). O equipo irá acompañándoa nas estreas das diferentes localidades, na Caravana Vilamor... Pero non adiantemos acontecementos. ;-) Polo de agora, sabede que a película estará nas salas de cine de Lugo, Ribadeo, Monforte, O Barco e A Rúa de Valdeorras, Vigo, Pontevedra, Lalín, Vilagarcía, Santiago, A Coruña, Narón, Carballo, Cee e Ourense -por esta orde-.
Non hai excusa para non vela!
Participaron 17 establecementos de Arzúa, ofrecéndonos verdadeiros deleites para o padal.
O PROGRAMA COMPLETO está á vosa disposición no web da festa. Se desexades información máis polo miúdo, tamén podedes consultar -e se queredes descargar- o dossier 2012.
Intervirán:
O acto terá unha duración estimada de 40 minutos, e ao remate agasallarase aos medios cun queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa cedido polo Consello Regulador.
Lugar: Telecentro do Concello de Arzúa, 12.30h - Avda. de Lugo s/n 15810 Arzúa
Moitas das actividades son de balde, e as outras a prezo moi reducido! Nalgunhas, como no obradoiro de 'Cociña Creativa' con André Arzúa, levarás o mandil e o gorro de chef para que sigas practicando!;) Nunca tivemos unha festa cun programa cultural tan completo e variado como esta edición!!
Terá lugar na inaguración Oficial da 37ª edición. E despois gozarmos co seu concerto en acústico acompañada de ‘Teté y los Ciclones’ onde Teté dá renda solta a unha das súas grandes paixóns: ser vocalista dunha banda do máis puro Rock’n’Roll.
Só nos queda gozar co seu Rock’n’Roll e Rhythm’n’Blues dos 50, posto ao día e sen complexos ¡Chegou O ciclón!
Teté Delgado, a simpática e polifacética actriz, cantante e presentadora dará o Pregón 2012!
Terá lugar na inaguración Oficial da 37ª edición. E despois gozarmos co seu concerto en acústico acompañada de ‘Teté y los Ciclones’ onde Teté dá renda solta a unha das súas grandes paixóns: ser vocalista dunha banda do máis puro Rock’n’Roll.
Só nos queda gozar co seu Rock’n’Roll e Rhythm’n’Blues dos 50, posto ao día e sen complexos ¡Chegou O ciclón!
Este concurso de novas bandas, está encadrado dentro da 37ª Festa do Queixo, bate este ano todas as marcas de participación, ao inscribirse 196 bandas chegadas de todas as comunidades autónomas españolas (só fóra de Ceuta e Melilla), un número que case cuadriplica as recibidas na edición 2011, que xa fora ata entón a de maior participación (54 grupos). O gañador leva de premio 1000 euros, máis 400 euros en concepto de desprazamento e estancia en Arzúa ademais de formar parte do cartel da 37ª Festa do Queixo. Gozaremos do seu directo o sábado 3 de marzo á 01:00 am!
Berlina (Madrid), é unha banda de indie rock shoegaze formada en 2008 e que ten na actualidade dous Lp´s autoproducidos ‘Anverso’ (2009) e ‘Parcialmente Despejado’ (2012). Entre os seus logros está ser seleccionados para o prestixioso festival Lemon Pop en 2008, semifinalistas do Demonova 2009 ou un segundo posto no Festival de Música Joven ‘Ciudad de Ávila’. Texturas ambientais e psicodelia, como base do seu son, Berlina aposta agora polo castelán en letras cun trasfondo máis elaborado. Sen esquecer o pop delicado que caracterizou á banda, aparecen agora cun son máis sucio nas guitarras e liñas máis potentes de batería que lles fai soar máis potentes nos seus directos!
O xurado estivo formado por recoñecidos profesionais relacionados co mundo da música: Josiño Carballo (Ernie Producciones), Alberto Alfonso (Art Music Agency), Salvador García (Radio Vigo), Arturo Vaqueiro (resp. Estudos Abrigueiro), Roberto Nicieza (Pop Up Música) ou o propio responsable do Concurso, Jose Ramón Bernárdez (Radio Arzúa). Xuntos determinaron que os madrileños fosen os gañadores desta 4ª edición. Unha difícil elección, este ano máis que nunca polo gran número de bandas. (foto edición 2011)
Que mellor data que hoxe, coa finde á volta da esquina e xusto a falta de 1 mes para a festa para compartir convosco o adianto da programación do Festival do Queixo 2012!
Pronto máis!! e consulta a info que cada vez queda menos!! Atentos ás novidades dos próximos días!! Faltan aínda actividades, obradoiros e concertos por confirmar! ;)
Taller de Creación Musical
Con Helios Vega -Kárabu- e David Van Bylen -Estereotypo-
(>12 anos). Inscrición de balde ata o 2 de marzo. Tel. 981500222
18.00 h. - 20.00 h. | Recinto Feiral 1º andar
KASE.O JAZZ MAGNETISM
21.30h | Campo da Feira
myspace.com/kaseojazzmagnetism
Presentan o seu último proxecto, onde o zaragozano Javier Ibarra (Kase.O) fusiona xunto co cuarteto de músicos Jazz Magnetism as raíces máis fondas do jazz e o hip-hop
SAMMY JO -Scissors Sisters DJ-
02.00 h | Praza de Galiza
myspace.com/sammyjoscissorsisterstourdj
A gozar da noite co DJ residente do club Razzmatazz (Barcelona) e DJ oficial de Scissor Sisters!
TREIXADURA
19.30 h | Praza de Galiza
www.treixadura.com
Presentará o seu novo traballo de 20º aniversario, “Esa si que é muiñada” -2011-
Hoxe ás 14h tivo lugar na Capela da Madalena de Arzúa a votación do CONCURSO DE CARTEIS da 37ª Festa do Queixo, Arzúa 2012.
1º PREMIO: peza nº 73 titulada 'Iribo' de Ana García Pardo, deseñadora gráfica e empresaria autónoma (39 anos, Arzúa). Esta obra acadou un total de 18 puntos (sobre os 21 posibles) e será o cartel anunciador e promocional da 37ª edición.
O xurado valorou a sinxeleza e a elegancia estilizada da creatividade final, así como a orixinalidade do formato deste cartel. A autora utiliza unha imaxe en silueta da figura da queixeira e sitúa ao queixo como elemento central chamando poderosamente a atención sobre o conxunto. Unha moi orixinal composición de gran impacto visual coa que se consegue un deseño compensado, equilibrado e moi atractivo no xogo das formas, trazos e cores.
A dotación dos premios é de 600, 300 e 100 euros para o 1º, 2º e 3º premio, respectivamente, unido a agasallos de fins semana e xantares en aloxamentos de turismo rural, queixos talla XL e lotes de produtos da festa (prato de cerámica de Sargadelos, camisetas, memorias USB, etc). O 4º premio, un lote agasallo especial da organización, recaeu na peza nº 91, elixida anteriormente por votación popular entre case 100 persoas.
E de 135 propostas... foron 4 mozas as gañadoras! O premio por votación popular e os 3 premios do xurado!. Impresionante esta edición a gran creatividade feminina galega! :)
Descarga aquí + info nesta nota de prensa
A peza nº 91, foi a gañadora da votación popular celebrada onte día 8 en Arzúa. A decisión estivo moi igualada e as valoracións moi repartidas entre as case 100 persoas que participaron activamente na elección do 4º premio. Este óleo impúxose con 10 votos e foi inmediatamente seguido pola peza nº 46 (con 9 votos) e a nº 110 (con 7 votos). O autor coñecerase no momento de abrir os todos sobres, o xoves día 12 de xaneiro, coincidindo coa votación do xurado.
Recibimos propostas desde as 4 provincias galegas, do resto do Estado e tamén do veciño Portugal. Hai tamén variedade de técnicas (dixitais, óleos, etc) e, algo que nos fai especial ilusión, enviados por persoas de todas as idades.
Todas estarán expostas na Capela da Madanela desde o 3 ata o 31 de xaneiro(a exposición pódese visitar de luns a domingo -incluído- entre as 19h e as 21h).
E se vos apetece...o domingo 8 podedes participar elixindo ao voso favorito na votación popular!
+ info no facebook da festa!
BASES
1º- O orixinal poderá ser de libre formato acoutado a unha medida entre 30x40 e 70x100cm. Cada autor poderá participar co nº de traballos que desexe, sempre que estes sexan orixinais, con material e técnica libres, manual, mecánica ou dixital.
2º- A obra debe presentarse sen sinatura de autor , que limitará a súa identificación a un lema, e debe acompañarse dun sobre pechado cos seguintes datos: nome e apelidos, D.N.I., idade, profesión, enderezo, teléfono e correo electrónico, así como unha breve explicación da obra e/ou calquera outro dato que o/a autor/a desexe engadir para definir o traballo. A organización solicita aos participantes acompañen cada obra presentada con cadansúa copia en formato dixital –CD/DVD-
3º- O xurado valorará especialmente a creatividade do arte final, a relación co evento a través da nosa cultura e idiosincrasia, o seu impacto visual publicitario e as potencialidades como para a creación de posteriores aplicacións gráficas. Deberá figurar o texto “ARZÚA 37ª FESTA DO QUEIXO, 2, 3 e 4 DE MARZO DE 2012”. Igualmente, os queixos que formen parte da imaxe -no seu caso- deberán respectar a morfoloxía lenticular do queixo da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa.
4º- Os orixinais deberán ser enviados antes do 31 de decembro de 2011 á Oficina da Concellaría de Cultura do Concello de Arzúa -Rúa Pai Pardo, 33 1º andar 15180 Arzúa- (edif. sociocultural María Mariño, a carón de Radio Arzúa e Biblioteca Municipal)
5º- A elección dos premiados realizarase na Capela da Madanela de Arzúa, o xoves 12 xaneiro de 2012 ás 14:00h mediante valoración dun xurado cualificado designado pola Comisión ‘Festa do Queixo’, agás a do 4º premio, que será elixido por votación popular o domingo 8 de xaneiro, entre as 12 e as 14h. O sobre co gañador deste 4º premio permanecerá pechado ata o 12/01/12, para poder entrar tamén na votación final do xurado.
6º- A peza elixida polo xurado como 1º premio será o cartel anunciador da 37ª edición. Todas as pezas recibidas serán expostas ao público do 3 ao 31 de xaneiro na Capela de Madanela. A entrega de premios incluirase no acto inaugural da 37ª Festa do Queixo.
7º- Os catro orixinais premiados e os seus dereitos de imaxe pasarán a ser propiedade do Concello de Arzúa. Os orixinais non premiados poderán recollerse Oficina da Concellaría de Cultura ata 60 días despois da celebración do evento.
8º- A Comisión resérvase o dereito a deixar baleiros os premios, así como a rexeitar para concurso calquera peza que considere e aquela que non se axuste ás presentes bases. As súas decisións serán inapelables.
PREMIOS